Os delegados de personal en representación dos traballadores da Fundación Semana Verde de Galicia queremos deixar constancia da nosa versión do que vén saíndo en prensa nas últimas semanas. Os feitos ós que nos referimos son o cruce de declaracións publicadas no Faro de Vigo a semana pasada entre o Presidente e o ex xerente da empresa, e as novas sobre o arquifamoso estudio de viabilidade e o plan estratéxico.
1.- Falar da delicada situación económica da Fundación como causa do despido do xerente (Faro de Vigo 05/03/08) é recoñecer unha realidade que xa os traballadores denunciaramos no seu día e que foi negada polo Presidente no pasado mes de nadal presentando a súa xestión coma un éxito absoluto: un millón de euros de beneficios derivados dunha frenética actividade no recinto, actividade que os empregados non vimos nin percibimos por ningures.
2.- O Presidente, primeiro, acusa ó xerente (Faro de Vigo 05/03/08) de inactividade e de ser o causante da situación económica actual así como das perdas de liquidez; no seguinte comunicado (Faro de Vigo 08/03/08) desdise e apunta que nunca lle achacou ó Sr. Alcañiz a situación económica da empresa, pero insiste en xustificar o despido ó tempo que volve a arremeter contra él con outras acusacións diferentes como a perda de confianza e o non levar a cabo unha reestructuración organizativa. Isto proba que a actitude do presidente é malintencionada de por si.
3.- Esta situación non é un caso illado, pois en 10 anos xa van aló 4 xerentes e con todos pasou o mesmo: as súas funcións sempre as desempeñou de xeito sistemático o noso presidente/xerente/director comercial/director de recursos humanos ...
Precisamente se algo se lle pode reprochar ó Sr. Alcañiz é non ter reivindicado con firmeza e rotundidade o papel e as funcións que como xerente lle reservan os estatutos da Fundación, que non son poucas nin banais.
4.- Primeiro afírmase que o cese do xerente tivo que ser aprobado polo Padroado debido á forte liquidación que supón, ó tratarse dun cargo de alta dirección (
5.- A posta en dúbida do cargo de Presidente da Fundación non quedará resolta con ese impresionante certificado que vimos na prensa (Faro de Vigo 08/03/08), senón con un documento que convenza ó notario para que lle recoñeza a súa firma como Presidente, cousa que polo de agora non está a suceder.
6.- En canto ó famoso Plan de Viabilidade / Estratéxico … cantos levamos xa pagados?. Deloitte & Touche cobrou 60.000 € no ano 97 por un plan semellante que nunca chegou a aplicarse. Posteriormente, como reflicte o Informe do Consello de Contas, entre os anos 2003 e 2004 incorporouse unha remesa de mandos intermedios a través dunha empresa externa. Estes cargos duraron ata que tentaron poñer en práctica as súas ideas. Entón “prescindiuse dos seus servizos”.
7.- O culebrón do Plan de Viabilidade comezou no ano 2006, cando foi anunciado polo Conselleiro Méndez Romeu en xaneiro (
8.- . Se se chega a elaborar este plan, non custará menos de 80.000 €, importe que non poderá ser asumido en solitario pola Fundación, coa liquidez e tesourería actual (
9.- A pesares do cúmulo de falsedades e contradiccións que nós levamos tempo demostrando con datos obxectivos e reais, aquí non pasa nada, e resulta evidente que o Padroado (léase Xunta de Galicia) non ten o máis mínimo interés por poñer a funcionar esta Fundación. Segue deixando pasar o tempo para non ter que tomar decisións incómodas e asumir responsabilidades non desexadas.
10.- O recinto FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA debería funcionar en consoancia co seu nome. E como xa se lle deixou ben claro, en persoa, ó Sr. Méndez Romeu, ese nome non llo puxemos os traballadores, senon os políticos.
Xa temos dito máis veces que os nosos políticos, os de antes e os de agora, só se moven por intereses partidistas, e reflexo disto é a política feiral galega, que é tan só unha política de recintos, de construccións físicas: non existe unha política de organización de feiras.
Ante este desolador panorama, non nos queda máis esperanza cá que tiña o noso ilustre Curros Enríquez ó rematar o Divino Sainete con:
“e eu, do que vin parvo e mudo,
dende entón creo.. ou non creo...
pero dudar, ¡xa non dudo!”